Skip to Content

O noso Magosto.

Imaxe de maria

 

 O xoves 12 de Novembro celebramos o Magosto no local da asociación de veciños de San Cristovo. Cada escola escolleu un froito do Outono e nas casas elaboraron postres con esa froita ( gracias papás, mamás, avoas...).  Á escola de Berdillo tocounos as noces. Na escola adornamos a tenda onde expoñer as nosas larpeiradas: fixemos o toldo do " Super Berdillo", pegamos follas de castiñeiro no libro das receitas e fixemos ratiños cas cascas das noces. Ese día, os nenos/as fixemos distintos xogos:  Xogamos a petanca, a rá, fixemos un circuito de castañas, xogamos o xogo da culler e o das castañas desaparecidas, contamos un conto e tamén fixemos unha coroa do Magosto. Con cada xogo gañábamos un punto que íamos metendo na nosa carteiriña feita con un brick de leite. Ó rematar os xogos FESTA RACHADA!, A COMER!. Comemos castañas asadas, postres de pera, laranxas, mazás, uvas, granadas, noces, améndoas...Estaban todos riquísimos!. Pasámolo xenial, aprendimos moito sobre os froitos do Outono, e enchemos a barriga, UN DÍA REDONDO!.



page | by Dr. Radut