Skip to Content

CONSTRUINDO CON PLÁSTICOS

Imaxe de Monica

Durante dúas semanas estivemos gardando todo o plástico que consumimos nas merendas. O obxectivo foi ver a cantidade desta materia que empregamos a diario e que en moitos casos non é necesario sabendo o perxudicial que é para a nosa contorna polo tempo que tarda en degradarse.

Pasados os quince días fixemos unha asemblea na que observamos a cantidade de plástico consumido, abordamos medidas para reducir e incluso deixalo de empregar.

Rematamos esta actividade de concienciación construíndo cos plasticos... Creatividade, imaxinación, concienciación ambiental...

EQUIPO VERDE: "O CASTELO"(ZAIDA, MARÍA, NICO, LUCIA C.)

"Construímos un castelo, unha casa onde facían a comida os que vivían no castelo. Por fora, hai unha carretera, contenedores para reciclar e tres piscinas"

 

EQUIPO AMARELO: "MUNDO YOGURT HECHO DE CHUCHES" (XABI, MARIO, IZAN, MANU E LUCÍA R.)

"Fixemos unha torre, dúas piscinas, un campo de fútbol, unha carretera onde hai contenedores para reciclar, un mar limpo. Tamén hai no mundo un castelo de soldados con dúas torres, a casa dos perros e un vixilante para todo o mundo para que non entren a roubar. Aquí hai un charco de barro porque choveu"

EQUIPO VERMELLO "FARO CON MAR DE PLÁSTICO" (ÁLEX, SABELA, XIAN E AROA)

"Este faro é unha torre que ten unha luz arriba para os barcos. Todo está rodeado de mar de plásticos"

EQUIPO AZUL "CIDADE" (MARTA, ALBA, NOA E SOFÍA)

"Hai unha papeleira e un home que vai a deixar a basura á papeleira. Estas son montañas que hai na cidade e dúas piscinas. Tamén ten parque para cans con árbores e un río. Dentro dos contenedores da basura hai plásticos"




blog | by Dr. Radut