Skip to Content

Qué vai pasar coas flores!

Imaxe de MaríaLopez

Esta vez o experimento foi de flores. Queríamos que as nenas e nenos descubriran como as plantas necesitan a auga para vivir, así como aprender que unha acción ten unha reacción, o paso do tempo, observación, recollida dos datos observados...

Neste caso utilizamos unha cala recollida na nosa saída primaveral e dúas caléndulas. Mezclamos auga e colorante (vermello, azul e verde)  nos nosos vasos de precipitado, vertemos as tres mezclas nas probetas e deixamos as flores toda a finde semana. O luns observamos o que acontecera e recollimos os datos da observación. 

           

 

 

 



blog | by Dr. Radut