Skip to Content

OS PEIXES DE JACQUES COUSTEAU

Imaxe de Sandra

Según Jacques Cousteau " Para o golfiño e a balea, a felicidade é existir. As persoas deberían descubrir isto e maravillarse por iso". Así describía a sencillez da especie animal e sinalaba que as persoas deberían apreciar máis a natureza.

Isto pon de relevancia a fascinación que teñen os nenos e nenas polos animais dos diversos hábitats, sempre teñen moita curiosidade e preguntas que demandan respostas por parte das persoas adultas, as cales debemos mediar nesta aprendizaxe e proporcionarlles ferramentas para que resolvan as súas dúbidas e clarifiquen as súas hipóteses.

Por iso empezamos xa fai tempo o proxecto " Os peixes de Jacques Cousteau", co cal continuamos a día de hoxe xa que seguen xurdindo preguntas as cales lles vamos entre todos e todas dando respostas.

KILPATRICK ( representante da escola progresiva americana" foi quen definiu o método de proxectos como un plan de traballo que se elixe libremente co obxectivo de realizar algo que esperta o propio interese ( neste caso dos nenos e nenas). O seu método baseabase na liberdade polo desenvolvemento natural, no interese e motivación polo traballo, nas experiencias e vivencias como forma de aprender de xeito non fragmentario, nas necesidades do alumnado e na fuxida do ensino formalista.

Así ben como se recolle no libro publicado pola Xunta de GAlicia "O traballo por proxectos", éstes teñen varias fases que seguimos na nosa aula:

-Que sabemos?

-Que queremos saber?

-Onde buscamos?

-Que facemos coa información?

-Que aprendemos?

-Que categorías temos?

-Elaboración dun guión

-Como nos organizamos para buscar e rexistrar a información?

-Que outras cousas poderíamos facer?

-Como mellorar?

 

 

 

 

 

 

Cando acabemos o dossier sairá para as casas dos nenos e nenas como cada proxecto que levamos a cabo na escola, ata o de agora fomos descubrindo informacións relevantes como por exemplo:

-As baleas jorobadas pesan 40 tonelads e miden 16 metros.

-Que un tiburón balea pode vivir ata 100 anos e que o tempo de xestación vai dende os 9 ata os 22 meses.

-Os golfiños poden saltar ata 45 metros fóra da auga.

-O peixe globo inflase para asustar os seus enimigos, e que a femia pode poñer ata 3000 ovos.

-O peixe remo mide 17 metros, non ten dentes pero si cornos.

-O polbo ten tres corazóns....

e nestes días estamos ca faneca brava, que esperta moito interese no alumnado debido a unha vivencia que tivo un alumno na praia o verán pasado e que nos contou con todo detalle, polo que SEGUIMOS INVESTIGANDO...

Tamén fixemos "ANATOMÍA DUNHA ROBALIZA-LUBINA":

 

 

Gracias a axuda do profe Jesús poidemos ver todas as partes dun "pescado" que estamos aprendendo no proxecto: branquias, boca, intestinos, espiña dorsal, corazón, ata o cerebro da ROBALIZA, algo que lles chamou moito a atención.

E posteriormente rexistramos todo o aprendido e visto

 

 

 

 

SEGUIMOS APRENDENDO...



blog | by Dr. Radut