HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Desde a escola queríamos facerlle unha pequena homenaxe a unha muller tan grande e que tanto aportou a nosa terra.
Despois de coñecer un pouco da vida de Rosalía lemos o poema "Parece unha rosa" que quisemos compartir cos demais. Para iso, elaboramos uns folletos que deixamos atados en distinto sitios de Verdillo (cada neno/a no paseo que dimos decidiu onde deixar o seu: farolas, paradas do bus, portas das casas, señais...).
O fin, así explicado ía no díptico, é que quen o atope, goce coa poesía e despois o deixe noutro lugar para que máis persoas podian disfrutar dela.
Xa nos están chegando correos electrónicos e mensaxes do rumbo do noso traballo. Grazas!
*ACTIVIDADE BASEADA NA PUBLICACIÓN "OS FÍOS DE INFANTIL" DE ÁNGELES E ISABEL ABELLEIRA.
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas