Skip to Content

DIARIO DA SEMANA

Imaxe de Monica

Esta semana nas propostas de aprendizaxe:

- Manipulamos/experimentamos con xeo.

- Sumamos.

- Fixemos o noso nome na mesa de luz: primeiro con fichas traslucidas e despois con rotu de tiza.

- Creamos un oso polar con periódicos.

- Vida práctica: bastidores e trasvase de líquidos.

- Cores e tonalidades.

- Formas xeométricas en 2 e 3 dimensións.

-Lectoescritura: partes do pinguín e correspondencia maiúscula e minúscula.

- ...

 


 
 
Na sesión de horto plantamos amorodos e colocamos uns carteis para ter os bancais ben organizados:
 
Empezamos a preparar a semana de troula, o entroido xa está aquí. O meco preparado para dar as ordes e nós aprendendo unha canción para o pasarúas do venres.
 
 
Ademais, comezamos cos preparativos da pequena homenaxe que mañá lle faremos a Rosalía de Castro:
 
 
 
 
 
 
 


blog | by Dr. Radut