2º TRIMESTRE
Ola a todos e todas!
Xa fai unhas semaniñas que comezamos este segundo trimestre, pero aínda non vos amosamos algunhas das novidades que tiveron lugar. Para comezar, á volta de Nadal tiñamos uns agasallos na aula agardando por nós. Ese día Mara era a encargada, polo que lle tocou a ela abrilos e descubrir o que había dentro con moita expectación. Tivemos moita sorte, pois eran uns agasallos moi especiais e diferentes ao que coñecemos. Por unha banda, un arco da vella de cores (arco da vella de Waldorf) co que podemos xogar a inventar centos de historias diferentes coa nosa imaxinación e, por outra, a caixa de cores nº3 de María Montessori coa que podemos aprender a diferenciar diferentes gamas de cores.
Tamén comezamos un novo proxecto, pois o proxecto sobre os osos xa o dimos por rematado no trimestre pasado. Nesta ocasión e tras unha intensa votación con diferentes temas (como os dinosaurios, os zapatos, as cartas, os animais da granxa, os dragóns...) saíu gañador o tema dos vehículos. Pronto vos amosaremos cousiñas.
Así mesmo, estamos a realizar diferentes actividades plásticas sobre o inverno que vos iremos mostrando pouco a pouco. Nunha das actividades, que nos resultou moi divertida, tiñamos que soprar a través dunha palliña para conseguir que as gotiñas de acuarelas baixasen polo papel como se fosen gotas de chuvia. Foi moi divertido!! Posteriormente, fixémonos unha foto cun paraugas e unha vez montado o noso cuadro, puxémoslle un marco con material de refugallo (papeis de revista). Quedou moi chulo. Este é o resultado!
Pronto vos amosaremos máis novidades!
Un bico!!
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas