Skip to Content

XA ESTÁ AQUÍ, XA CHEGOU O NADAL!!!

Imaxe de Monica

A semana pasada atopamos na aula un calendario de adviento. Axudarános a contar os días que faltan para que chegue nadal e ademáis daranos algunha que outra sorpresa.

Cada día o encargado busca o número e colle de dento do sobre  a tarxeta que os maiores "len" aos seus compis. Volvemos a colocar o sobre na árbore (do revés) co número escondido para saber que días xa pasaron e así poder contar os que faltan.

Esta semana:

- Cantamos e bailamos "Rodolfo, el reno".

-"Abrazo conxunto".

- "Globos".

Que sorpresas terá a próxima semana para nós?

Ademáis, algunha das propostas de aprendizaxe xa están relacionadas co tempo de nadal que tanto motiva e gusta aos peques. 



blog | by Dr. Radut