Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PROXECTO AS MONTAÑAS: FORMACIÓN DAS MONTAÑAS

Imaxe de teresa

TRASNADAS DELICIOSAS

 

 

Na xornada de hoxe, traballamos sobre o visto a comezos desta semana. Lembramos o nome das capas da Terra. Desta vez, Német, o trasno da nosa escola, deixounos unha maleta con algo no seu interior. A través de preguntas tiñamos que descubrir que se agochaba dentro.

- Está frío?

- Que forma ten?

- Pesa moito?

- De que cor é?

-...

Levamos unha grande sorpresa cando descubrimos o que se agochaba no seu interior.

 

E a pregunta que nos xurdía agora era: para que sería toda esa comida?

Segundo nos contou Német, a idea era representar a pequena escala como se moven as placas sobre o manto. Uns conceptos moi abstractos pero que os podíamos facer tanxibles a través daquela experiencia. O manto está composto por unha parte fluída e viscosa coma as natillas que tanto nos gustan e a corteza terrestre estaba representada polos sobaos que se desprazan e se moven sobre ela. Quedounos algo así:

 

 

     

 

 

Vimos como en ocasións as placas se separan e orixinan máis corteza aparecendo as montañas, volcáns, illas,..., como as placas se sumerxen unha debaixo da outra e se destrúe corteza ou como as placas chocan dando lugar as montañas, volcáns...

De toda a experiencia, o que máis nos gustou é que o podíamos degustar sen risco de queimarnos: porque sabemos que o manto é magma ardente... Así que preparamos, para todo aquel que quixo, un pouco de "manto" e un anaco de "corteza" que nos soubo delicioso.

 

 

     



blog | by Dr. Radut