Skip to Content

Mirón

Imaxe de Jacqueline

VENRES 03/04/2020

Hoxe adxunto proposta de actividade global, actividades de Educación Física e unha listaxe de xogos educativos on-line que podedes empregar de xeito moderado.

Vémonos á volta de Semana Santa. Nestes días que non haberá propostas aproveitade rutinas diarias e adaptádeas aos nenos/as. Por exemplo:

  • Escribir a lista da compra (ou algunhas palabras). 
  • Escribir o seus nomes de diversos xeitos (lápiz, tiza, pizarra branca, rotuladores, pintura), tamén nomes de familiares e amigos
  • Contar cantas sílabas teñen os nomes (isto sonálles porque no cole xogamos coas sílabas).
  • Agrupalos en función da letra pola que comezan.
  • Contar cantas letras teñen os nomes e ordenar os resultados de maior a menor e ao revés.
  • Contar cousas que teñades pola casa e anotar cantos hai de cada(zapatos, pixamas, manteis, gafas...)
  • Facer algunha receita e escribir os ingredientes e pasos a seguir.
  • Contar un conto cada día e facer un debuxo.
  • Escribir o título.
  • Inventar historias e debuxalas/escribilas (podedes facer un libriño coas vosas propias historias).
  • Xogar coa tablet un tempo moderado (podedes consultar o adxunto).
  • E todo o que se vos ocorra!

 Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

XOVES 02/04/2020

Bos días!

Adxunto proposta de actividade global para hoxe.

Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

MÉRCORES 01/04/2020

Bos días.

Adxunto proposta de actividade global e de música.

Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

MARTES 31/03/2020

Hoxe: proposta global, actividades de Educación Física e de Inglés.

Ánimo!

Imaxe de Jacqueline

LUNS 30/03/2020

Hoxe: proposta global, Relixión e Atención Educativa (AE) só para aqueles nenos/as que non teñen Relixión.

Ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut