Skip to Content

Recomendámosche

Imaxe de Jesus

Salón do libro 2019

Imaxe de teresa

ANTÓN E A PAZ

    

                 

Benqueridas nenas e nenos:

o día 30 de xaneiro conmemoraremos o día escolar da non violencia e da Paz. Eu sei que ao longo desa semana, nas escolas traballaredes sobre o tema. Sen embargo, quixera destacar que o respecto e a consideración polos demais ten que ser un feito para todos os días.

A paz é responsabilidade de todas e todos.

 

Hoxe quixen traervos un fermoso poema de Miguel Hernández que di:

 

 

Miguel pensaba nas palabras como armas.

Que palabras usarías para falar da Paz?

Agardo as vosas respostas...

 

 

 

Imaxe de teresa

SUXERENCIAS DE LECTURA

Estas son as suxerencias de lectura destas festas.

Agardamos que sexan do voso agrado!!

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

TEATRO LIDO XOSÉ MANUEL EIRÍS 2018

Desde o C.R.A. Ponte da Pedra participamos no Teatro Lido Xosé Manuel Eirís concurso organizado pola AC Telón e Aparte coa colaboración de Radio Voz Bergantiños e enmarcado no FIOT. Con esta actividade, ademais de promover a interpretación oral entre os máis pequenos permítenos coñecer como é o funcionamento da radio desde dentro.

O noso agradecemento ás familias que fixeron posible esta actividade: por un lado, cos ensaios nas súas casas e por outro, nos desprazamentos das nenas e nenos para a actuación.

Estas foron as actuacións das nenas e nenos de Cances e Sísamo, os participantes este curso escolar.

Desfrutade delas porque son impresionantes...

CANCES

 

 

 

SÍSAMO

 

 

NORABOA A TODAS E TODOS POR PARTICIPAR!!!

Imaxe de teresa

VISITA Á BIBLIOTECA REGO DA BALSA

O luns 29 de outubro, todas as escolas do C.R.A.,visitamos a biblioteca municipal Rego da Balsa.  

Participamos nun contacontos a cargo do grupo "Trinke Trinke".

Este é un resumo do que foi esa xornada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut