Hoxe comezamos a mañá preparando a merenda para a festa da vendima:
- Cortamos a froita e colocámola nos platos.
- Partimos noces e preparamos os demais froitos secos.
-Fixemos carteis cos nomes dos alimentos que ibámos a degustar
-Preparamos o picnic (Cantos vasos e pratos precisamos? Como os colocamos?...)
Deste xeito van gañando autonomía e adquirindo/afianzando habilidades: tocar, ulir, cortar, probar, clasificar, repartir, ordear...
Rematado a preparación do picoteo chegou o momento da vendima na que nos acompañaron varias familias. No patio fixemos dous grupos, uvas verdes e uvas moradas. Comezamos recollendo as uvas da cor do noso equipo da "parra" para vertelas nos barreños, quitámoslle as ramiñas e por parellas fumos pisándoas. Unha vez aplastadas vimos o zume que producimos.
Chegou o momento da merenda e como facía tan boa temperatura decidimos sacar para o patio o preparado a primeira hora. Bo probeito!!
Despois de psicomotricidade coa profe Ana entramos na escola e tocounos recoller. A aula e dos nenos/as e son eles os respondables de mantela limpa e ordenada: limpar, fregar, secar, colocar...
Xa para rematar fixemos unha asemblea na que falamos das sensacións que nos produciu pisar as uvas, houbo nenos que lles encantou e a outros que non tanto (estaban moi frías, a auga nos pés non me gustaba..).
Grazas papis por participar!!
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas