Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de Jesus

2017/2018. Aberto o prazo para solicitar as axudas de estudos para alumnado de Educación Infantil.

ENTREGA DE SOLICITUDES: ATE O 2 DE OUTUBRO

Aberto o prazo para solicitar as axudas de estudos para alumnado de Educación Infantil.

Ata o 2 de outubro estará aberto o prazo para presentar as solicitudes das axudas de estudos convocadas polo Concello de Carballo para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e do Consevatorio Profesional de Música de Carballo no curso 2017-18.

Destinatarios/as:

  • Nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil: 310 axudas de 150 € cada unha, que en total ascenden á cantidade de 46.500 €.
  • Alumnado do Conservatorio Profesinal de Música de Carballo: 6.000 euros para distribuir entre os/as solicitantes. O importe individual da axuda ascenderá ao 50% do custe da súa matrícula dunha soa especialidade para o curso completo, non tendo en conta as materias soltas ou pendentes.

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recoller o impreso e recibir a información que precisen sobre esta convocatoria será de luns a venres de 10.30h a 13.30 h.

Imaxe de Jesus

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria.

As familias que de sexen solicitar ditas axudas poden cubrir o impreso de solicitude, e informarse na circular relativa ao fondo solidario de libros de texto (3º EP no 2017-2018) e na circular relativa as axudas para libros de texto (1º e 2º EP no 2017-2018)

 

 

Imaxe de Jesus

Aberto o prazo para solicitar as axudas de estudos para alumnado de Educación Infantil. (2016/17)

NOTA INFORMATIVA

ENTREGA DE SOLICITUDES: ATÉ O 24 DE SETEMBRO (INCLUSIVE)

Aberto o prazo para solicitar as axudas de estudos para alumnado de Educación Infantil.

O Concello de Carballo informa de que estará aberto dende o 8 de setembro e até o día 24 do mesmo mes o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e do Conservatorio Profesional de Música de Carballo para o Curso 2016-2017. As solicitudes para concorrer a esta convocatoria deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura (1º andar, rúa do Pan, s/n).

 

As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello (preferentemente no do Pazo da Cultura) de 10.00 a 13.00 horas



by Dr. Radut