Skip to Content

Blogues

XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS

http://igualdade.xunta.gal/gl/programas/secretaria-xeral-da-igualdade-organiza-xv-xornadas-de-nais-e-pais-educar-en-igualdade

Trátase dunhas xornadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que atenderá tanto a temática de promoción da igualdade como a loita para erradicar a violencia contra as mulleres: Nestas xornadas se abordarán os conceptos básicos sobre as desigualdades persistentes na nosa sociedade e no eido educativo, dos estereotipos e roles de xénero, das condutas machistas, da conciliación e da necesidade da corresponsabilidade ou reparto equitativo das tarefas de coidado e domésticas, entre outras pautas para avanzar cara a igualdade. Noutro ámbito, presentaranse datos acutalizados sobre a violencia de xénero en Galicia e pautas, recomendacións  e protocolos para a loita contra a violencia de xénero. Todos isto con exemplos e material descritivo.

Finalmente presentaranse experiencias levadas a cabo polas anpas de centros educativos de Galicia de traballo neste eido.

Estas xornadas diríxense á comunidade educativa dos centros, as persoas socias da ANPA, as familias, profesorado, e público en xeral. Trátase dunha actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

Contarase cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

Campaña recollida roupa e calzado SOS África

O xoves 21 de marzo entregaremos ao alumnado unha bolsa para que as familias interesadas poidan participar na campaña de SOS África de recollida de roupa e calzado.

A data límite de entrega da bolsa será o martes 26 de marzo. As bolsas entregaranse nas respectivas escolas.

Moitas gracias pola súa colaboración.

Visita as nosas escolas!

CLICA NO PINGÜI:

 

MATRÍCULA CURSO 2019-2020

  • Reserva de praza no centro adscrito (CEIP Sigüeiro): 1 - 15 febreiro

                 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

 

  • Publicación prazas vacantes 19 - 20 (arquivo adxunto).

 

  • Solicitude de admisión para alumnado que comeza a súa escolarización ou se traslada dende outro centro educativo: 1 - 20 marzo

                  Información matrícula (arquivo adxunto).

                  Impreso solicitude admisión - Anexo II (arquivo adxunto).

                  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27132

                  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27130

 

  • Publicación listaxe provisional alumnado admitido para o curso 19 - 20 (arquivo adxunto).

 

  • Publicación listaxe defintiva alumnado admitido para o curso 19 - 20 (arquivo adxunto).

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 18-19 - PROCLAMACIÓN CANDIDATAS

Segundo as votacións realizadas o martes 27 de novembro de 2018, a Xunta Electoral proclama aos representantes elixidos para o Consello Escolar do noso centro:

 

  • Representante nais/pais: Vanessa Reboredo Fraga
  • Representante profesorado: Raquel Garazo Ramos
  • Representante Concello: Beatriz Rodeiro Fernández.

 

Contra esta decisión poderase reclamar por un prazo de quince días perante o Xefe Territorial da Consellería de Educación.

Visita do Colegio Oficial de Farmacéuticos da Coruña

Ola a todo o mundo!

Este xoves 22 de novembro visitounos Ana. Pero quen é?

Unha farmacéutica do noso concello. Veu en representación do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. 

Contounos moitas cousas: como debemos coidarnos, que facer para ter unha alimentación sa, que hábitos son bos para as nenas e nenos da escola... 

Tamén resolveu dúbidas que tíñamos, por exemplo cando debemos limpar os dentes, que pasa cos biberóns...

Estibo xenial!

Queredes ver algunha fotografía máis? Visitade a nosa galería. Clicade na imaxe.

Tamén podedes ir ao instagram do centro, alí atoparedes algunha cousiña máis.

Non esquezades o noso blogue: PINGÜIBIBLIO. Pista hai un pequeno vídeo.

 

Galería escolar

Ola amigas e amigos!

Visitade a nosa galeria. Comezamos a ter fotografías novas deste curso escolar. Estade atentas e atentos.

Recordades o magosto?

Eleccións Consello Escolar - Candidaturas - Composición Mesa electoral - Data votacións

Segundo o sorteo realizado o martes 20 de novembro, os compoñentes da Mesa Electoral do sector das familias son:

  • Titulares: Regueiro Varela, José Manuel, Ferro Viqueira, Emilio, Veiras Otero, Vanesa, Viqueira Neira, Carlos.
  • Suplentes: Juncal Gómez, Antonio Manuel, Caneda Mosquera, José Manuel, García Deus, Ana Raquel, Márquez García, Jorge, Platas Fisteos, María, Rodríguez Jarazo, Natalia, Muíño Vilares, José Antonio, Suárez Rivadas, Yolanda.

As candidaturas presentadas para a súa elección como representantes das familias son:

 

  • Vanessa Reboredo Fraga
  • Sonia Rey Novoa
  • Pilar Villaverde Villaverde

Poderase efectuar reclamación destas candidaturas perante a Xunta Electoral no prazo de dous días.

A votación será o martes 27 de novembro, na sede de Vilarromarís, de 16:30 a 17:45.

 

Eleccións Consello Escolar 18-19

O martes, día 6 de novembro constituíse a Xunta Electoral, que chegou aos seguintes acordos:

  • Publicación da Resolución de convocatoria de eleccións. Publícase como documento adxunto a esta nova.
  • Aprobación do calendario de actuacións relativo a este proceso electoral.
  • Exposición pública do censo electoral das familias do alumnado do noso centro. O período de reclamacións será ata o 14 de novembro. O censo publícase como documento adxunto a esta nova.
  • O período de presentación de candidaturas para as familias do alumnado será do 7 ao 15 de novembro. Pódese entregar a solicitude en calquera das escolas do noso CRA.
  • O sorteo para determinar os compoñentes da Mesa Electoral será o martes 20 de novembro, ás 16:30, na sede de Vilarromarís. 
  • As votacións serán o martes 27 de novembro, de 16:30-17:30, na sede de Vilarromarís.

Eleccións Consello Escolar 18-19. Sorteo Xunta Electoral 30 outubro ás 16:30.

No mes de novembro de 2018 procederase á convocatoria de eleccións para a renovación dos compoñentes do Consello Escolar do noso centro. Débese renovar un representante das familias e un representante do profesorado.

O sorteo público para a elección de membros da Xunta Electoral farase o vindeiro martes 30 de outubro, ás 16:30 da tarde en Vilarromarís.

Posteriormente, reunirase a Xunta Electoral e fixará o calendario electoral.

Distribuir contido


by Dr. Radut