Eleccións Consello Escolar 18-19

O martes, día 6 de novembro constituíse a Xunta Electoral, que chegou aos seguintes acordos:

  • Publicación da Resolución de convocatoria de eleccións. Publícase como documento adxunto a esta nova.
  • Aprobación do calendario de actuacións relativo a este proceso electoral.
  • Exposición pública do censo electoral das familias do alumnado do noso centro. O período de reclamacións será ata o 14 de novembro. O censo publícase como documento adxunto a esta nova.
  • O período de presentación de candidaturas para as familias do alumnado será do 7 ao 15 de novembro. Pódese entregar a solicitude en calquera das escolas do noso CRA.
  • O sorteo para determinar os compoñentes da Mesa Electoral será o martes 20 de novembro, ás 16:30, na sede de Vilarromarís. 
  • As votacións serán o martes 27 de novembro, de 16:30-17:30, na sede de Vilarromarís.
AdxuntoTamaño
Resolución Calendario renovación Consellos Escolares 18-19.pdf695.33 KB
Censo electoral familias CRA Oroso 18-19.pdf33.08 KB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013