Skip to Content

Blogues

Actividades alumnado CRA Oroso marzo 2020

Estimadas familias.

Achegámosvos unha proposta de actividades para estes días nos que están suspendidas as clases. 

Por motivos técnicos, non puidemos publicala antes. Ao longo dos vindeiros días iremos publicando diversos materiais que complementarán a esta proposta.

Agradecemos enormemente a vosa colaboración e quedamos á vosa disposición para calquera dúbida durante estes días.

Os teléfonos de contacto do profesorado, en horario de 10:00 a 13:00, son os seguintes:

Escola de Deixebre: 628 07 16 52

Escola de Senra: 676 56 50 69

Escola de Trasmonte: 628 07 16 03

Escola de Vilacide: 628 07 12 49

Dirección do CRA de Oroso: 628 07 14 38

 Unha aperta moi forte para todos/as os/as nenos/as e para as súas familias!!!!

Campaña SOS África 2019

Nesta semana comeza a recollida de roupa e calzado para a campaña SOS África. Entregarase unha bolsa de recollida por familia. Si se quere aportar máis roupa, pódense traer as bolsas que se queiran a maiores da que entregaremos nas escolas. As bolsas de roupa entregaranse nas diversas escolas do CRA. O último día para entregar roupa é o luns 14 de outubro.

http://www.sosafrica.org/ropa-usada.html

Gracias pola vosa colaboración.

Biblioteca CRA Oroso 19-20

Estimadas familias:

As actividades de biblioteca dos martes pola tarde comezaron o martes 1 de outubro e desenvolveranse ata o martes 26 de maio de 2020. O horario é de 16:30 a 17:45, na sede do CRA, en Vilarromarís.

Ademais destas actividades da biblioteca central do CRA, nas distintas escolas hai bibliotecas de aula en funcionamento. 

Publícanse como adxunto a esta información as normas das bibliotecas das escolas e da biblioteca central do CRA (Vilarromarís).

Contamos coa vosa participación!

CLICK and CLIL, na procura da chiscadela

Temos o honor de que nos fose concedido o proxecto de ERASMUS+:CLICK and CLIL, na procura da chiscadela.

Nesta proposta imos participar varios centros da comarca de Ordes e entre todos eles nós tamén participamos.

A representante que acudirá será María de la O Giadáns Aldrey (titora de Senra) e fará 2 estancias repartidas ao longo de ano e medio. Se mirades o anexo podedes ver a onde serán as visitas e as datas aproximadas. 

O obxectivo desta experiencia é a mellora da competencia lingüística e o coñecemento da metodoloxía CLIL nas diferentes áreas impartidas no CRA.

Estadamos desexando comezar!

 

Documentación inicio curso 19-20

Nos arquivos adxuntos publícase diversa documentación administrativa coa finalidade de informar ás familias do noso alumnado de todos os aspectos relativos ao funcionamento do noso centro no curso escolar 19-20.

 

  • Normas de organización, funcionamento e convivencia.
  • Información sobre a avaliación en Educación Primaria.
  • Autorización de dereitos de imaxe.
  • Autorización para a recollida do alumnado (válida para todo o curso escolar).
  • Auotrización para a recollida do alumnado (válida para un día).

 

Ao longo do curso escolar iranse publicando diversos documentos, coa finalidade de ampliar a información ás familias e facilitar a xestión dos trámites habituais. 

CALENDARIO ESCOLAR 19-20

Publícase no arquivo adxunto o calendario escolar para o curso 19-20, segundo a Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Ademais dos días festivos, inclúense as datas dos festivais que celebrará o noso centro.

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 19-20

Publicación do listado de libros e material escolar para o curso 19-20 (arquivo adxunto).

O listado vai organizado por escolas e por idades.

No mes de setembro pedirase a cada alumno/a diverso material escolar (folios, cores, pinturas...) por parte da titora de cada escola.

 

MATRÍCULA 19-20

Publícanse os impresos de formalización de matrícula para o alumnado que comeza a súa escolarización no curso 19-20. Estes impresos están dispoñibles nas escolas unitarias e na sede do CRA de Oroso.

Xunto con estes impresos cubertos, hai que presentar:

  • Certificación de convivencia do domicilio familiar (solicítase no Concello).
  • Dúas fotografías.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

  • Fotocopia da cartilla de vacinas ou certificado médico de non ter enfermidades infecto-contaxiosas.

 O prazo de matrícula remata o día 30 de xuño.

Educación Vial - Xefatura Provincial de Tráfico

O vindeiro martes, 21 de maio, desenvolveranse no noso centro unhas charlas formativas sobre seguridade vial, no marco do Plan de Innovación Educativa Mobilidade sostible e segura. Este Plan está coordinado pola Xefatura Provincial de Tráfico da provincia de Coruña.

Pola mañá faranse charlas nas escolas co alumnado e pola tarde, no horario de biblioteca dos nenos/as, haberá unha charla para as familias sobre seguridade vial (suxeción nas sillas infantís, normas de circulación como peóns, etc...).

Prégase confirmación das familias interesadas na actividade para a preparación dos materiais da xornada. Cada familia pode confirmar na súa escola ás titoras a asistencia.

Pódese ver máis información deste programa no enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/16723

 

Gracias pola vosa participación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut