Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Formou parte da Xeración do 27, e tivo amizade con Dalí, Lorca, Buñuel, Alberti, Miró, Picasso, Miguel Hernández ou Neruda. Participou coas súas ilustracións en numerosas revistas, realizou cadros moi innovadores, escenografías teatrais, cerámicas, pinturas murais, conferencias, accións poéticas, fotografías artísticas... E sempre dende unha óptica rebelde, comprometida e moi divertida.