Skip to Content

Paradela

Primeira semana na escola de vacas

Inspirándonos no conto "A primeira semana na escola de vacas", estivemos acompañando a Daisy nas súas aventuras. Así, 

luns tivemos clase de muuuvemento co profe Marcos. 

Ao día seguinte, o martes, tivemos clase de múúsica co profe Antonio. 

mércores aprendemos a pintar cos pezuños.

xoves tocou clase de remoer na palla. 

venres traballamos as formas e tamaños cunha proposta que eles mesmos definiron como unha 'porcallada' moi divertida: a creación da nosa propia plastilina coa que nenos e nenas crearon as súas bostas!

E, como Daisy, rematamos a semana dando clases de voo! saltando cara arriba e caendo para abaixo coa nosa cometa! Unha semana muuuu divertida!

   

 

Saída á contorna

O mércores 11 de outubro aproveitamos ao máximo o bo tempo e fixemos unha saída ao Campo da Boca onde merendamos, xogamos e tamén fixemos teatro! 

 Xa están a desexar volver repetilo! 

Un agasallo para...

O día 4 de outubro gozamos dunha gran festa de aniversario, pero antes fixemos un detallito para o noso compañeiro e compañeira que estiveron de aniversario: as súas iniciais feitas con esponxas e pintura sobre lenzo! 

  

Primeiras propostas do período de vinculación

O 11 de setembro chegou á escola unha nova xeración de nenos e nenas.

A nosa proposta indispensable para estes primeiros días? Moito xogo libre.

O noso labor? Observar, acompañar e consolar cando sexa necesario.

O noso obxectivo? O seu benestar emocional e a creación dos primeiros vínculos.

Durante o resto do curso seguiremos explorando, coñecendo novos materiais e xogando de maneira libre para, pouquiño a pouco, ir interiorizando normas e rutinas. Pero, sobre todo, seguiremos coñecéndonos e xerando vínculos entre nós. 

Agora si, con moita calma e moita paciencia... Que continúe a aventura! 

Os nosos primeiros días

Imaxes bonitas que nos levamos do seu comezo e regreso á escola: autonomía, vínculos, socialización, cooperación, benestar emocional...

 

Xogo, conversas, diversión e moito amor. Non necesitamos de nada máis nestes primeiros días. 

Así é... a nosa aula en Paradela!

Por aquí xa puidemos recibir aos 9 nenos e nenas que dan vida a nosa escola de Paradela.

 

E esta é a nosa clase, que vos parece?

Plan dixital - Paradela

Plan dixital - Paradela

Distribuir contido


by Dr. Radut