Skip to Content

CAMIÑOS, música de Magín Blanco para a biblio

Lembrádesvos do concerto tan fermoso de Magín que gozamos o curso pasado no parque da ruta da pedra e da auga en San Martiño polo Día do Libro? Pois aquí, neste seu novo libro disco xa dispoñible na nosa biblioteca, tedes moitas desas melodías. Un libro de 68 páxinas magnificamente ilustradas por Leandro Lamas, poesías, contos e un CD con 13 cancións: Marcho que teño que marchar, Peixiños do mar, O abecedario, Este planeta é divertido...  Rock and roll, bases electrónicas, jazz coa Gallaecia Big Band, a guitarra de Guillermo Fernández... Camiños quere ser un lugar de encontro e descuberta a través das cancións, dos contos e dos poemas dalgúns dos máis destacados escritores galegos actuais. Unha metáfora da vida para estimularen e enriqueceren a imaxinación e a creatividade da xente miúda.



page | by Dr. Radut