Este ano participamos nunha nova convocatoria do Plan Proxecta, neste caso na sección Aliméntate ben. Este programa, patrocinado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, pretende achegar ós nenos e nenas a diversas froitas así como aos seus beneficios. A modalidade de froitas na escola ten por obxecto o fomento do consumo de froita entre o alumnado. Deste modo, ofrecerase froita fresca e gratuita co obxectivo de fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando productos de calidade que garanticen unha alimentación e desenvolvemento idóneo.