Skip to Content

Benvido outono!

A principios deste mes enviamos unha nota ás nosas familias pedindo que nos trouxesen algúns "tesoritos de outono" para realizar unha e mil propostas durante as próximas semanas con todos eses elementos. Pero para poder utilizalos, antes de nada tiñamos que clasificalos, o que nos permitiu seguir desenvolvendo as nosas habilidades lóxico-matemáticas e avanzar na adquisición de novo vocabulario. Proposta sinxela, pero moi enriquecedora, ou non?

 

 Preme sobre a imaxe

Ademais de propostas de libre circulación -con aforo- polos diferentes espazos de aprendizaxe da aula, onde teñen actividades sinxelas para que poidan levalas a cabo de maneira autónoma. Xa son uns expertos!

 

E, finalmente, unha proposta onde nenos e nenas puideron experimentar coas diferentes cores desta estación e que usaremos para decorar a nosa entrada da escola. 

 

Como dixo Paolo Crepet: "Unha boa escola é aquela na que o neno entra limpo e volve a casa sucio. Quere dicir que xogou, divertiuse, pintouse a si mesmo, utilizou os seus propios sentidos e entrou en contacto físico e emotivo con outros".

 



page | by Dr. Radut