Este ano iniciamos o curso compartindo cos nosos compañeiros e compañeiras algunhas das aventuras que vivimos durante o verán: reencontros familiares, visita a museos, a acuarios, ao zoo... , tardes de praia, de piscina... E que mellor maneira de facelo que en compañía das nosas familias que conseguiron transportarnos a eses recordos a través da vista, coa observación de diferentes fotografías; do gusto e do olfacto, coa degustación de doces caseiros; do oído, coa lectura de contos, e do tacto, coa manipulación de cunchas, pedras... e un experimento para crear area!
Preme sobre a imaxe