Por aquí deixámosvos os recunchos terroríficos dos que puideron gozar os nenos e nenas durante o Samaín.
Ademais, tamén puidemos gozar dun obradoiro de adornos coa colaboración das nosas familias, que rematou cunha merendola cortesía do noso compañeiro L., xa que nos trouxo unhas galletas caseiras con motivo do seu santo, e tamén da nai de M. e S., xa que nos preparou un biscoito para adozar esta xornada tan especial.
Moitas grazas a todos e a todas, sen dúbida foi un gran día!