ESTE ANO FUMOS CONVIDADOS A PARTICIPAR NO SOLIFESTI, ORGANIZADO POLO CPI DO MOSTEIRO. PARTICIPAMOS ENCANTADOS! NON PODIAMOS DEIXAR PASAR A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO SOLIDARIO.
XA POLA MAÑÁ NOS XUNTAMOS TODO O ALUMNADO NA ESCOLA DE SAN TOMÉ, E SAÍMOS CAMIÑANDO CARA O C.P.I.
ALÍ ESPERÁBANNOS UNS INCHABLES DOS QUE DISFRUTAMOS A TOPE E POLOS QUE QUEREMOS DAR AS GRAZAS Á A.N.P.A. DO C.P.I.
DE SEGUIDO UNHA BOA MERENDOLA CON FROITA E BOCATAS.
E A ENSAIAR PARA A TARDE.
ACABAMOS MOI CANSOS, PERO ESO NON FOI MOTIVO PARA NON VOLVER POLA TARDE.
UN DÍA DE SOLIDARIEDADE E CONVIVENCIA ENTRE OS TRES CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE MEIS E O C.E.I.P. DOMINGO FONTÁN DE PORTAS.
MOITAS GRAZAS, POLO CONVITE E TODA A ORGANIZACIÓN LEVADA A CABO PARA PODER REALIZAR ESTE SOLIFESTI. ESPERAMOS VOLVER A VERNOS NO SEGUINTE.