Skip to Content

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 POLO DÍA DO MEDIO AMBIENTE FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CONTORNA, PARA VER E RECOLLER A CANTIDADE DE LIXO QUE A XENTE "ESQUECE" POLO CHAN. CONCIENCIANDO ÓS NOSOS CATIVOS E CATIVAS DA IMPORTANCIA DE MANTER O PLANETA LIMPO, COMO MOI BEN LLE CONTESTOU UNHA DAS NOSAS NENAS A UNHA VECIÑA QUE PREGUNTOU QUE FACIAMOS.

NADA MÁIS SAÍR DA ESCOLA, O PRIMEIRO QUE NOS ATOPAMOS FOI CON MOITAS CABICHAS, UNHA CABICHA PODE TARDAR ENTRE 1 E 10 ANOS EN SE DESCOMPOÑER E CONTAMINAR GRAN CANTIDADE DE AUGA.

       

                                            

DESTA VEZ SUBIMOS POR DETRÁS DA ESCOLA, VOLVEMOS VER QUE DESPOIS DAS CABICHAS, DO LIXO QUE MÁIS HAI É  PLÁSTICO.

                                                         

          TAMÉN ATOPAMOS CACAS DE CAN, E COMO BEN DIXO UN COMPAÑEIRO, CANDO PASEAMOS CO CAN TEMOS QUE LEVAR UNHA BOLSIÑA E RECOLLER AS CACAS. QUE NON SE NOS ESQUEZA!

                                                           

                

           



blog | by Dr. Radut