Skip to Content

CONTACONTOS CON SOLE FELLOZA

Esta semana tivemos a Sole Felloza no cole. É unha contacontos fabulosa. Esta actividade realizouse como parte do programa "Radio na biblio" no que participamos dende hai uns anos a través da biblioteca escolar. Estaba prevista para marzo, pero por mor da suspensión das clases adiouse ata agora. Íase facer na radio co alumnado de Xuntanzas, pero houbo que adaptalo en función das novas circunstancias. Así, Sole percorreu todas as aulas do CRA, e contounos unhas historias estupendas! Contos de intriga, de amor, de cantar e contar, de medo que dá risa... Contos que nos ensinan que as cousas non sempre son como aparentan, que non debemos prexulgar sen coñecer, que xuntos somos máis fortes, e que temos que medrar sen esquecer as cousas importantes que aprendemos sendo nenos e nenas. Grazas Sole!

 



page | by Dr. Radut