Skip to Content

Ioga na aula

Nestas dúas sesións coñecemos diferentes asanas coas cartas e dados, técnicas de respiración e disfrutamos dun momento consciente pintando tods xuntos o atrapasoños en grupo.

Hai de moitos momentos na sesión que non temos fotos porque os adultos precisamos sentir e estar igual ca eles para que sexa unha actividade productiva. Pero o momento da respiración coa bola máxica é incrible a quietude, consciencia e tranquilade que conseguen ter.

Por que practicar ioga na aula?

O ioga e o mindfulness son prácticas centradas en mellorar a saúde da persoa na súa totalidade.

 

Como o facemos?

Coñecendo as "asanas" (posturas) que axudan a coñecer o corpo, consolidar o esuqema corporal, desenvolver a lateralidade e perfeccionar a psicomotricidade fina e grosa.

Practicando os "pranayamas" ou técnicas de respiración que axudan a canalizar as emocións e fortalecer os pulmóns. 

A través do "mindfulness" e “estar presente” ou “ser consciente” ao desenvolver unha actividade. A atención consciente favorece que sexamos máis pacientes e libéranos do impulso de reaccionar.

Na nosa sociedade actual é rica en estímulos, saturada de información e de un ritmo frenético, o cal dispersa a atención do alumnado en diferentes direccións. Por isto, é moi importante poder pararse e respirar cun mesmo e xa dende idades moi temperás.

"Cuando me siento pequeña en un mundo muy grande, aquieto mi mente, mi cuerpo, mi respiración. Ahora puedo crear e imaginar. Yo soy Yoga"



blog | by Dr. Radut