Skip to Content

VENRES DE FESTA!!

  Hoxe vestimos os nosos disfraces, ao noso gusto, e preparámonos para facer nas nosas escolas xogos, merendola, cociñar orellas e moitas outras actividades!!

HOXE O MECO MANDOUNOS...POÑER GAFAS!!

   Como non queremos ter a visión dun cíclope, o meco mandounos poñer gafas e así o fixemos. Mirade que estilo temos!!

 

 

E chega o MÉRCORES coas ORDES DO MECO!!

   Avanzamaos na semana e hoxe tocounos traer ao cole algo nos pés e as iniciativas foron variadas: lazos, calzado diferente, engadidos de todo tipo...

   Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración, seguide así, que aínda nos quedan días!!

 

O MARTES O MECO MANDA....

....Levar ao cole unhas ás, coma as das fadas! E así o fixemos!

 

 

 

 

EMPEZA A SEMANA DO ENTROIDO NO CRA de CALDAS!

 

   Chegou o luns e iniciamos a semana do ENTROIDO cos mandados do MECO, que están relacionados co tema do noso proxecto de centro "Mitos e lendas". Así, hoxe mándanos traer algo na cabeza coma un corno dos unicornios.

 

 

A CANDELORIA

Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, e según un refrán: "Cando a Candeloria chora, vai o inverno fóra; que chore que cante, inda hai inverno atrás e diante".

Antigamente, o día da Candeloria, ten a súa orixe nos cultos pagáns de fertilidade e dos ciclos da natureza. Neste caso tratábase dun culto ao lume para alonxar desgrazas, que deribou nunha procesión cristiana onde se prendían candeas e velaí o seu nome.

   Nós fixemos a nosa versión co conto "Los 3 pájaros", de Hobby Cuentos. Gustounos moito!!

 

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o asasinato do líder nacional e espiritual da India,

MAHATMA GANDHI, en 1948.

 

CARTEIS PARA FELICITAR O NADAL

Xa que nos quedaron tan ben as nosas postais, este ano aproveitamos para facer carteis con elas e felicitar o Nadal.                                          

POLO NADAL UNHA POSTAL!

Un ano máis no CRA, envíamonos postais de Nadal entre o alumnado.

Estamos a puntiño de recibilas!!

XABÓNS MOI NATURAIS!

Así de ben nos quedaron os xabóns con plantas aromáticas e

silvestres que fixemos nas escolas

Podes ver aquí como se fan.
Distribuir contido


by Dr. Radut