Skip to Content

VOLVE O SAMAÍN!!

Seguimos polo de agora coas medidas de precaución pola COVID-19, pero non deixamos de facer celebracións nas escolas. Así que, con actividades e festa, pasamos a semana e o día de Samaín.

 

SAÍDA POLA SENDA VERDE

Un ano máis aproveitamos a nosa contorna para facer a primeira saída deste curso 2021/22, pola Vía Verde.

Partimos dende un punto pactado e percorremos o camiño da antiga vía de tren para rematar o traxecto na Azucreira de Portas, onde tomamos a merenda, facemos xogos e gozamos dunha mañá ao aire libre.

Deixámosvos unha mostra do ben que o pasamos. Clicade na imaxe de abaixo.

AGASALLO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS

 A Biblioteca Municipal  agasallou  “P. M. Martínez Ferro” as escolas do CRA CALDAS DE REIS con un lote de libros, por participar na actividade "Parabéns, Biblioteca".

  A mestra de Godos foi a encargada de recoller o agasallo. Estos libros pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca de centro do CRA.

 

AGASALLO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas CURSO 2021/2022

Abriuse o prazo para presentar as solicitudes do fondo solidario de libros de texto e material escolar.

 

-SO PARA O ALUMNADO QUE COMEZA 1º PRIMARIA O VINDEIRO CURSO.

 

 

 

SAÍMOS DE ANDAINA

Imos de andaina!!

Mirade o video no apartado de "SAÍDAS",

aquí á dereita >>>>>>>>>>>>

"A BIBLIOTECA VAI AO COLE"

Estes días recibimos nas nosas escolas a visita de Rosa e Cris, as responsables da Biblioteca Municipal de Caldas, que viñeron a contarnos cousiñas sobre o funcionamento da biblioteca e tamén para amosarnos e contarnos algúns contos.

Día da familia-15 de Maio

Pero que ben nos quedaron estes chaveiros para conmemorar o día da familia!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut