Skip to Content

ESCOLA DE GODOS

AQUÍ ESTAMOS

UNHA DAS ESCOLAS QUE CONFORMA O CRA PLURINFANTIL DE CALDAS DE REIS É A ESCOLA DE GODOS

FAI CLIK AQUÍ PARA VER A SÚA UBICACIÓN.

XA NO ENTROIDO!!

   Velaquí febreiro febreiriño, mes curtiño, pero cargado de festa! Este curso non podemos facer a nosa festa conxunta de ENTROIDO no CRA, pero o celebraremos e compartiremos igualmente.

   Déixovos un pequeno video para abrir boca. Clicade na imaxe para abrilo.

 

A CANDELORIA

Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, e según un refrán: "Cando a Candeloria chora, vai o inverno fóra; que chore que cante, inda hai inverno atrás e diante".

Antigamente, o día da Candeloria, ten a súa orixe nos cultos pagáns de fertilidade e dos ciclos da natureza. Neste caso tratábase dun culto ao lume para alonxar desgrazas, que deribou nunha procesión cristiana onde se prendían candeas e velaí o seu nome.

   Nós fixemos a nosa versión co conto "Los 3 pájaros", de Hobby Cuentos. Gustounos moito!!

 

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o asasinato do líder nacional e espiritual da India,

MAHATMA GANDHI, en 1948.

 

PÓCIMA DE BRUXA

Sapos, meigas e curuxas!! A quen transformaremos con esta pócima?

 

UNHA PANTASMA NA AULA

O gas é un dos estados da materia e non posúe nin forma nin volume propio. Neste experimento imos empregar un gas. Poderías inflar un globo sen tocarlle?

 

ABSORCIÓN POR CAPILARIDADE

O principio de capilaridade é unha característica dos líquidos, que fai que dito fluído, suba ou baixe, ao entrar en contacto a súa superficie cun sólido.

TINTE NATURAL

Os tintes son produtos que se empregaron dende fai moitos anos para cambiar o aspecto de panos, prendas... Os primeiros tintes eran naturais: feitos de base vexetal ou mineral.

Nós imos crear os noso tintes no cole!!

 

FUGA DE CORES

Que pasa se mesturamos dúas bases líquidas diferentes? Mirade os resultados!! Quedan unhas imaxes moi artísticas.

 

Distribuir contido