Hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase o asasinato do líder nacional e espiritual da India,
MAHATMA GANDHI, en 1948.
Dende 1964 a UNESCO declarou o 30 de xaneiro como "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ" para lembrarnos a importancia de educar ás nosas nenas e nenos na IGUALDADE, TOLERANCIA, SOLIDARIDADE, RESPECTO e todos aqueles valores que nos leven a unha convivencia pacífica e libre de calquera tipo de violencias.
Aquí vos deixamos un vídeo cos nosos traballos sobre esta data tan importante e que, por suposto, a traballamos ao longo de todo o curso.