Skip to Content

BENVIDOS E BENVIDAS Á NOSA ESCOLA

COMEZA UN NOVO CURSO!

 

ESTE 2022-2023 CHEGA CARGADO DE NOVIDADES!!

DIA DA FAMILIA

   O 15 de maio é o Día Internacional da Familia e no CRA de Caldas de Reis quixemos destacar a importancia de ser acollido e vivir en familia, sexa do tipo que sexa, pois todas son válidas se hai comprensión e amor.

   Clicade na imaxe para ver un video signado!

23 de abril. DÍA DO LIBRO

   Esta semana dedicámonos nas escolas a celebrar o Día do Libro con diversas actividades como contacontos coas familias, elaboración de marcapáxinas diversos e mesmo fixemos o noso propio libro.

   Aquí vos deixamos unha mostra. Pasade un feliz día de lectura.

 

VIDEO SIGNADO DO 8M

Deixámosvos aquí un fermoso video signado polo alumnado da escola de Saiar. 

 

DÍA DA MULLER

 Aquí podedes ver algunhas das actividades que se fixeron nas escola do noso CRA  (pinchade en ler máis)

 

IMOS DE ENTROIDO!

   O venres 25 celebramos o ENTROIDO no CRA con obradoiros, xog

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

   Hoxe, 23 de febreiro de 2022, fixemos unha homenaxe a unha muller pioneira, feminista e namorada da súa terra galega: Rosalía de Castro.

   Escollemos o poema "Eu ben vi estar o moucho", do seu libro "Cantares gallegos" (1863) e fixemos a nosa interpretación.

 

.

 XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Martes 22 de febreiro, de 16:00 a 18:00

25N

Hoxe, 25 de novembro, queremos destacar a inxustiza que soportan as vítimas da violencia de xénero. Hoxe ponse en valor a vida das mulleres, por ser o grupo maioritario que a padece; así, dende as aulas, falamos e rexeitamos todo tipo de violencia, insistindo na igualdade de dereitos e oportunidades entre as persoas, pois todas e todos temos dereito a unha vida pacífica e plena.

Distribuir contido


by Dr. Radut