Hoxe, 25 de novembro, queremos destacar a inxustiza que soportan as vítimas da violencia de xénero. Hoxe ponse en valor a vida das mulleres, por ser o grupo maioritario que a padece; así, dende as aulas, falamos e rexeitamos todo tipo de violencia, insistindo na igualdade de dereitos e oportunidades entre as persoas, pois todas e todos temos dereito a unha vida pacífica e plena.
Ao longo de todo o curso estamos a facer actividades para que as nosas nenas e nenos comprendan e apliquen nas súas vidas o concepto de igualdade de xénero como base das súas vivenzas. Esperamos, pouco a pouco, lograr unha sociedade máis tolerante ante todo tipo de diferencias interindividuais.