Decembro 2022

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL.

Coma tódolos cursos, elaboramos xunto cos equipo do CEIP de Cenlle unha guía de recomendacións sobre contos e libros para entregar ao alumnado cos boletíns. Ademais este curso incluímos tamen xogos de mesas seleccionados por idades e seguimos recomendando tamen algun fondo para as familias.

MUSEO MEDIEVAL SOBRE A ALIMENTACIÓN NA IDADE MEDIA.

Museo medieval 

Expuxemos esta información que recollemos tralas nosas investigacións o día do Banquete Medieval para ensinar as nosas familias. Nas rodas informativas temos as características da nosa alimentación actual que como ben sabemos xa, nada ten que ver coa da época da idade media.

Na escola de San Cristovo este trimestre levaron a cabo un OBRADOIRO DE OURIVERÍA coas familias. Deixamos un vídeo a modo de resumo para que vexades as técnicas que se empregaban na idade media e o ben que os pasaron tanto os cativos como as súas familias.

obradoiro ouveria san cristovo 

A SOCIEDADE MEDIEVAL.

Creamos un book coas súas propias fotos para traballar cómo eran as persoas que vivían na Idade Media. O libro empregámolo como fonte de información pero tamén para xogar e manipular e suscita gran interese nos nenos ao ver as súas fotos e as dos compañeiros.

book sociedade na idade media de Vanesa Carballo Leal

25 N: " SE NO MEDIEVAL NON QUERES QUEDAR, CAMBIAR A HISTORIA ESTÁ NA TÚA MAN"

Dentro das actividades do noso PDI, sobre a Idade Media, elaboramos estas plumas con materiais naturais con seus tinteiros e levámolas polos establecementos da vila para agasallar e concienciar aos nosos veciños que xa vai sendo horas de cambiar a historia, de que non nós gusta a violencia e que chegou o momento de escribir outros modos de relacións entre as persoas onde prime o respeto, a igualdade e a liberdade.

25 DE NOVEMBRO SAÍDA POLA VILA de Vanesa Carballo Leal

Vídeo resumo da xornada.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Educación (@cra.amencer)

25 de NOVEMBRO. DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Para conmemorar este día plantexamos ao noso alumnado pensar que podían facer coas súas mans!. Así creamos unhas tarxetas coas súas accións que logo se converteron en fotos que quedaron expostas na biblioteca dentro da actividade QUE PODO FACER COAS MANS?. A exposición estivo aberta a toda a comunidade educativa durante 30 días.

Diseño de Vanesa Carballo Leal

E sobre isto falamos no noso manifesto na Praza Maior de Ribadavia en presenza das familias, veciñ@s e autoridades do Concello

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Educación (@cra.amencer)

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Representación dos distintos experimentos que levamos a cabo nas escolas.

Escola San Paio:

DESCUBRIMOS AS CORES OCULTAS NAS FOLLAS DO OUTONO

Escola San Cristovo:

Escola Francelos:

 

POESÍA: O DRAGÓN DOURADO

Dentro do tema dos dragóns escribimos unha poesía que o alumnado aprendeu e recitou as

súas familias.