Nas tres escolas do CRA traballamos ao longo do curso un proxecto sobre o CINE. Foi un proxecto ambicioso pero que resultou crear un gran interese e motivación no noso alumnado. Levamos a cabo unha chea de actividades coordinadas e globalizadas que nos axudaron a traballar as competencias básicas e favoreceron os procesos de ensinaza aprendizaxe.
Desenvolvemos o proxecto en tres fases: motivación, búsqueda e tratamento da información e comunicación do aprendido mediante a creación, produción e edición propia dunha curtametraxe.
Na seguinte presentación queda recollida a PROPOSTA PEDAGÓXICA onde se recollen os obxectivos xerais do proxecto, a organización das actividades, metodoloxía empregada e avaliación.
PROXECTO CINE de Vanesa Carballo Leal
CURTAMETRAXE SALVAR A CARBALLEIRA DA ESCOLA DE SAN PAIO
Póster Día de la tierra Infantil Colorido Verde azul amarillo POSTER2022 de Vanesa Carballo Leal
Co gallo das Letras Galegas fixemos unha xornada de CONVIVENCIA, despois de dous anos sen poder xuntarnos. Organizamos a primeira parte da xornada en talleres: Os contos da profe Rebeca na bilioteca; taller de plastilina conductora na aula de infantil e taller de teatro na aula de primaria. Logo saimos a merendar á carballeira e para rematar a xornada SABELA GAGO, veu a contarnos un dos seus contos marabillosos que tanto nos gustan e o ben que o pasamos con ela sempre!
Ao longo do curso realizamos actividades innovadoras e creativas con rescursos da biblioteca creativa que despertaron o interese, aprendizaxe e motivación do noso alumnado. Intentamos introducir pasiño a pasiño, metodoloxías activas e innovadoras que nos axuden a construir aprendizaxes significativos na cativada.
Dentro do proxecto anual do cine, dende a biblioteca experimentamos a grabación de pequenos vídeos con chroma key ao mesmo tempo que traballamos os efectos especiais de Melies.
Creamos elementos do cine a partir de pezas do Sistema Lupo cedido por o CFR de Ourense que resultou ser unha actividade super divertida e que o alumnado disfrutou moito comprobando que son verdadeiros artístistas nas creacións.
sistema lupo nas escolas do Cra de Vanesa Carballo Leal
Introducimos actividades con luz negra que mantén a atención e curiosidade do noso alumnado máis cativo.
Diseño de Vanesa Carballo Leal
Diseño de Vanesa Carballo Leal
Xogamos e creamos coa plastilina conductora. Unha gran experiencia científica.
plastilina conductora SAN PAIO de Vanesa Carballo Leal
Co gallo da semana da prensa escolar, dende a biblioteca coordinamos en colaboración co EDNL, un novo suplemento do noso xornal A voz do Cra, sobre María Casares, artriz galega da República, que coñecemos e investigamos sobre a súa vida e obra relacionamos co 8 de marzo Día internacional da Muller e o noso proxecto integrado do cine. O producto final queda recollido tanto en formato dixital como impreso que será catalogado como material de elaboración propia. Esperamos que vos guste xa que o alumnado de primaria adicou moito esforzo e conseguiu un resultado espectacular! Noraboa.
Ademais nas aulas de infantil fixemos este libriño para levar para casa.