Durante o mes de novembro estivemos traballando arredor da figura de Xabier P. DoCampo, polo seu recente falecemento.
Estes son algúns dos traballos que fixeron:
Historia dunha pinga de auga
De cores e de amores
Nube de neve
O home que inventou unha maneira de andar
Na semana do 26 ao29 de novembro, Raquel contoulles o conto do Sacapenas aos alumnos de infantil.
Na escola de San Paio traballaron co conto de Artur e Clementina no Día Internacional contra a violencia de xénero.
Esta é a nosa pequena aportación para conmemorar o 25 DE NOVEMBRO
Esta semana (do 19 ao 23) tocou o conto do MONSTRUO DE CORES. Mirade que ben o pasaron
Durante este curso escolar, a mestra Raquel, vai contar un conto cada semana aos alumn@s de infantil das tres escolas.
Esta semana (do 5 ao 9 de novembro) tocoulles ELMER
Na escola de San Paio, entre os contos que traballaron durante o Samaín, o que máis lles gustou foi o do "ESQUELETO COQUETO". Non o coñecían e gustoulles porque lles axudou a recordar partes do corpo que xa sabían. Tamén traballaron as emocións vivenciando os sentimentos do esqueleto (alegría, tristura, enfado, sorpresa,...).