Na seguinte presentación podedes ver as actividades que fixeron nas tres escolas durante a semana das Letras Galegas
Tamén fixemos un cartaz colaborativo entre os alumn@s das tres escolas
O luns 15 de maio tivemos unha visita moi especial, Anxo Fariña (escritor, ilustrador e diseñador galego). Entre as súas obras máis coñecidas para os máis pequenos están as seguintes: a colección de Antón e Pompón, Don Quixote e Breogán, Os Pelelliños, Os Megatoxos, ....
Primeiro fixo un contacontos ilustrado para o alumnado de infantil do CRA e despois un obradoiro de ilustración para o alumnado de 1º e 2º curso de primaria (aprenderon a debuxar a partir de letras, a partir do debuxo dunha patata,....).No seguinte video podedes ver todo o que aprenderon e o ben que o pasaron.
Grazas a Anxo Fariña por facer as delicias d@s nos@s alumn@s e tamén a Teresa, a encargada da Biblioteca Pública de Ribadavia, que nos prestou a Sala Infantil para levar a cabo dita actividade.
Estas son algunhas das láminas que nos deixou para o cole:
Tamén nos firmou no libro de visitas
E agasallounos cun lote de libros para a nosa biblioteca
Outro curso máis, e xa van sete, puxemos en marcha as mochilas viaxeiras que percorren as casas dos nosos alumn@s. Van cargadas de libros e peliculas para toda a familia. Este curso puxemos en marcha 4 mochilas, desde finais do mes de xaneiro ata mediados do mes de maio. A continuación podedes ver os debuxos e as opinións dos nenos e das familias.
Programación da Semana Cultural das Letras Galegas
Actividades en liña do Seminario Galán
PRIMAVERA DAS LETRAS