Na seguinte presentación tendes todas as postais que fixeron os nosos alumnos para participar no Concurso de Postais 2016
O día 11 de novembro fixemos unha recitación de refráns durante a celebración do Magosto na Escola de San Cristovo.
Durante todo o mes de novembro quixemos lembrar a figura de Agustín Fernández Paz, así que buscamos todos os libros que tiñamos na nosa biblioteca e fixemos unha exposición con eles. Despois as distintas escolas fixeron os seus traballiños sobre este autor.
Estes son algúns dos traballos que fixemos nas nosas aulas para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.