Na seguinte presentación podedes ver algúns dos traballos que realizamos durante a semana das Letras Galegas, adicadas a Manuel María.
Actividades on-line do Seminario Galán
Ademáis a Casa da Cultura e a Biblioteca Pública de Ribadavia organizan as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas na nosa vila
O domingo 15 de maio as 17 h na Casa da Cultura estará Pablo Díaz, dentro do programa FALAREDES
E o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, as 12 h na Praza Maior estará Anxo Moure, dentro do programa Ler conta moito
Estas son algunhas das lecturas que fixeron os alumnos de 1º e 2º de primaria aos máis pequenos do cole
A continuación tendes algúns videos da Asentada pola lectura feita na Praza Maior de Ribadavia
Por último, antes de empezar o bookcrossing no castelo de Ribadavia, Antonio, un pai dos nosos alumn@s deunos unha pequena explicación dos libros que había no castelo.
O mes de abril foi moi especial, debido as diversas actividades que tiñamos previstas no noso cole.
Na seguinte presentación podedes ver as diferentes exposicións de libros, os libros no patio na hora do recreo, aos alumn@s de 1º e 2º curso lerlles aos máis pequenos,...
Os nen@s da Escola de San Paio fixeron unha adaptación da fábula "A cigarra e a formiga". Mirade que bonito lles quedou.