Este ano escolar 2020-2021 o equipo de Seccións Bilingües contará co apoio dun auxiliar de conversa para mellorar e completar o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.
Este auxiliar de conversa será un rapaz chamado Matt, que deberá partillar dous centros educativos. Por mor da pandemia, non poderá facelo ao mesmo tempo, polo que o noso centro contará cos seus servicios na segunda metade do curso.
Xa tivemos varios contactos con el e sabemos que ten experiencia noutras escolas galegas, así como que é estadounidense. Este dato deu a idea ao equipo de SecciónsBilingües para organizar un proxecto anual ao redor dos EEUU. Así, ao longo do curso traballaremos as culturas, festividades e celebracións varias deste país dende unha perspectiva artística.
Deste xeito, a primeira actividade do curso foi emular as eleccións presidenciais celebradas este mes de novembro. Para evitar competencias persoais e incentivar o traballo cooperativo, creamos uns carteis propagandísticos por equipos cunha temática en común, a nosa escola.
Tras realizar os carteis, expuxemos un gran mural na entrada do colexio para que todos e todas o puideran ver. Despois, cada neno e nena dos distintos niveis de Primaria votaron polo seu favorito.
Parabéns aos alumnos e alumnas de 5º e 6º polo voso traballo!
Presentamos outro traballo máis, esta vez tratábase de crear un retrato baseado na técnica artística do cubismo, tendo a Pablo Picasso como máximo representante.
Aquí temos algunhas obras do noso alumnado de 5º e 6º!
O seguinte traballo que fixemos durante o confinamento consistiu en buscar o efecto de profundidade dun burato por medio de trazos de liñas rectas ou curvas.
Está claro que para buscar o efecto visual hai que encontar a perspectiva adecuada, pero penso que quedaron ben chulos.
Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron varias actividades para conmemorar o Día da Paz (World PeaceDay).
En Plástica creamos un gran mural do símbolo da paz, recortando as siluetas das nosas propias mans en diferentes cores.
Co mesmo símbolo, a un nivel máis individual, os alumnos/as elaboraron un traballo artístico nos seus cadernos de debuxo coa técnica de salpicado, usando pinturas e cepillos de dentes.
Aquí podemos observalos en acción e ver algúns resultados.