Co gallo do Día das Letras Galegas o alumnado do cole participou nesta semana na elaboración duns fermosos maios que adornan o noso patio:
E recibiu a visita do Grupo de baile e música tradicional Brincadeira, grazas á colaboración da AFA Avania, desfrutando de velos cantar, tocar e bailar e tamén bailando todas e todos xuntos ao ritmo das súas melodías tradicionáis.
O venres 21 de abril tivemos unha fermosa visita no noso horto escolar, o cociñeiro André Arzúa veu visitarnos e coñecer o noso traballo no horto escolar.
Alí colaborou con nós na plantación de cabaciñas, chícharos e outros productos en compañía de Carmen Freire e dos nosos fantásticos compañeiros de faena, os usuarios da Fundación para a protección dos Discapacitados Psíquicos da Barcala e do Fogar Residencia e centro de día de Ceilán. Unha fermosa comunidade arredor dun proxecto de consumo sostible no cal participa tamén a AFA Avania.
Ademáis, recibimos unha visita moi especial, o reporteiro da Radio Galega Quique Magdalena, quen partillou cos pequenos e pequenas agricultures, coa profe Iria e con André para o programa Galicia por Diante.
A pesares das circunstancias pandémicas, no cole da Baña non quixemos deixar de celebrar o magosto cun pouco de mùsica e castañas no noso tempo de lecer.
Non tería sido posible sen a colaboración da ANPA Vieiro do Ensino, o Concello da Baña, Emilio Lois e seus (e tamén nosos) alumnos e alumnas da Escola de Música Tradicional da Baña, por isoa todos eles queremos dar as grazas.
E sobre todo, queremos felicitar ao noso alumnado e profesorado que soubo desfrutar do momento sen deixar de respectar en todo momento, as normas sanitarias.
Aquí deixamos unha pequena mostra do noso Magosto 2020.
Por outra banda, os corredores do cole locen tamén ben fermosos nesta semana de Samaín, cun mural colaborativo sobre o Samaín no mundo elaborado polo alumnado de Infantil e Primaria.
A próxima semana comezan a desenvolverse as actividades extraescolares de inglés organizadas pola ANPA Vieiro do Ensino no centro escolar.
A continuación tedes os horarios e datas establecidos. As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos /as poden dirixirse á ANPA Vieiro do Ensino por correo electrónico: ampavieirodoensino@gmail.com