O xoves, 4 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria e da ESO estiveron "Plantando árbores con pinceis". Realizaron un obradoiro de bolsas de tea e pintaron un mural na aula de 4º ESO.
O pasado venres o alumnado de 1º e 6º de Educación Primaria puxéronse máns á obra (e o traxe) para tentar ser uns bos cociñeiros e cociñeiras! Xuntos e xuntas elaboraron as tartas da avoa que serían o postre para o alumnado do comedor. E non deberon saír nada mal…. xa que non quedou nin un anaco!
No arquivo adxunto tedes as actividades para desenvolver na casa durante esta primeira semana na casa. Moito ánimo e escribide, se tedes calquera dúbida.