881 86 70 01
22 DE DECEMBRO, CHOCOLATE, MAXIA, MÚSICA E CINE PARA DESPEDIR O 2020
22/12/2020 10:00
Europe/Madrid
Remata o trimestre e tamén un ano tan especial coma dificil para todos nós, profesorado, alumnado e familias.
Foi un trimestre de aprendizaxe intenso e de adaptación a un novo xeito de convivir e de relacionarnos, e independentemente do que podan dicir os boletíns de notas, todas e todos vos, nenos, nenas, mozos e mozas, profes, persoal de cociña, limpeza, conserxería e administración, nais, pais, avós e avóas ... a familia completa da nosa comunidade educativa superou este trimestre con SOBRESAÍNTE.
Así que, na medida en que nolo permiten as condicións sanitarias, queremos celebralo, o fin dun ano difícil e o inicio esperanzador doutro que, de seguro, nos devolverá pouco a pouco os sorrisos, as apertas e a proximidade que tanto botamos en falta.
Aquí tedes o programa para o martes 22 de decembro:
HORARIO | INFANTIL, 1º-2º EP | 3º A 6º DE EP | ESO |
10:00-11:00 | Papá Noel polas aulas | Concerto de Xoán Curiel | |
11:00-12:00 | Chocolate con churros | Chocolate con churros | Chocolate con churros |
12:00-13:00 | Mago Martín Camiña | Papá Noel polas aulas | Cine de Nadal nas aulas |
Será unha mañá fermosa que non sería posible sen a estreita colaboración do Concello da Baña e da ANPA Vieiro do Ensino.
Bo Nadal a todas e todos e que a fin da pandemia no ano que entre sexa o mellor dos agasallos.