Skip to Content

ELECTIONS 2020

29/11/2020 13:10
Europe/Madrid

Este ano escolar 2020-2021 o equipo de Seccións Bilingües contará co apoio dun auxiliar de conversa para mellorar e completar o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.

Este auxiliar de conversa será un rapaz chamado Matt, que deberá partillar dous centros educativos. Por mor da pandemia, non poderá facelo ao mesmo tempo, polo que o noso centro contará cos seus servicios na segunda metade do curso.

Xa tivemos varios contactos con el e sabemos que ten experiencia noutras escolas galegas, así como que é estadounidense. Este dato deu a idea ao equipo de Seccións Bilingües para organizar un proxecto anual ao redor dos EEUU. Así, ao longo do curso traballaremos as culturas, festividades e celebracións varias deste país dende unha perspectiva artística.

Deste xeito, a primeira actividade do curso foi emular as eleccións presidenciais celebradas este mes de novembro. Para evitar competencias persoais e incentivar o traballo cooperativo, creamos uns carteis propagandísticos por equipos cunha temática en común, a nosa escola.

Tras realizar os carteis, expuxemos un gran mural na entrada do colexio para que todos e todas o puideran ver. Despois, cada neno e nena dos distintos niveis de Primaria votaron polo seu favorito.

Parabéns aos alumnos e alumnas de 5º e 6º polo voso traballo!

Our school is the best!  Sorriso



story | by Dr. Radut