881 86 70 01
Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
3
Start: 03/07/2023 12:23
Hoxe publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da participación do fondo solidario de libros de texto, que no noso centro só afecta a 3.º e 4.º de Primaria. Todas as solicitudes foron admitidas, aínda que algún solicitante recibe 0 libros. Podedes consultar a listaxe a través da aplicación Fondo Libros, ou no taboleiro do centro. O prazo de reclamacións é de 2 días hábiles, é dicir, os días 4 e 5 de xullo. A listaxe definitiva publicarase o día 10 de xullo, xunto coa lista de beneficiarios das axudas de material escolar. Os vales poderanse recoller a partir do día 11 de xullo. | 4
Start: 04/07/2023 09:46
Xa está a disposición das familias o impreso de autodeclaración para o comedor escolar. Nos arquivos adxuntos tedes as instrucións de comedor para o curso 23-24, o modelo a cubrir e as aclaracións para o cálculo da renda anual familiar. Pregamos que as familias entreguen o impreso no centro, de xeito presencial ou a través de correo electrónico (cpi.san.vicente@edu.xunta.gal) antes do 31 de xullo, para a adxudicación de prazas e a organización do comedor.
| 5
| 6
| 7
| 8
| 9
|
![Events at <em>CPI de San Vicente da Baña</em> Distribuir contido](/centros/cpisanvicente/misc/feed.png)