Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Outubro 18, 2022
Start: 18/10/2022 12:33

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

  • A directora do centro.
  • Un profesor ou profesora.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.
  • Un alumno ou alumna da ESO.

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase no salón de actos do centro o próximo día 28 de outubro, venres, ás 11:45 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Domingo Novembro 06, 2022
Start: 06/11/2022 09:02

O pasado luns 24 de outubro, o alumnado de 2º de EP rematou a súa aprendizaxe sobre a nutrición do xeito máis saboroso posible, elaborando unha tarta da avóa para degustar no comedor por todo o alumnado de infantil e primaria. 

O resultado? Chupamos os dedos!! 

Sen a colaboración do persoal de cociña, non podería terse elaborado, así que, grazas, Pilar e María. 

 

Mércores Novembro 09, 2022
Start: 09/11/2022 12:39

Con data de hoxe a Xunta Electoral do CPI de San Vicente publica as convocatorias de eleccións de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores (responsables, alumnado, profesorado e persoal non docente).

As convocatorias para responsables (pais, nais ou titores/as legais) e alumnado poden consultarse no taboleiro do centro e tamén nos arquivos anexos a esta publicación.

O prazo de presentación de candidaturas dura ata o día 17 de novembro ás 14:30 horas. Os modelos están dispoñibles na secretaría do centro e tamén anexos máis abaixo.

Sábado Novembro 12, 2022
Start: 12/11/2022 09:41

O alumnado de 2º, 3º e 4º de EP aprenderon esta semana a valorar, coñecer e investigar sobre o noso patrimonio inmaterial da man de Xandobela

Unha fermosa actividade da que desfrutamos grandes e pequenos no acolledor entorno da nosa biblioteca escolar.  

Start: 12/11/2022 09:49

Trinta estudantes de Medicina da USC achegáronse esta semana ao noso cole para poñer en marcha o hospital de osiños co noso alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria. 

Pequenos e pequenas aprenderon con eles hábitos de vida saudable e tamén a perderlle o medo aos profesionais da saúde. 

Luns Novembro 14, 2022
Start: 14/11/2022 11:17

Neste Samaín pasamos moito medo co marabilloso conto creado polo alumnado do CPI da Baña, dende os máis cativos e cativas até as nosas mozas e mozos da ESO participaron na súa elaboración. O resultado foi tan aterrador coma fermoso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut