881 86 70 01
Eventos
Martes Outubro 18, 2022
Start: 18/10/2022 12:33
De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), realizarase proximamente neste centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.
Domingo Novembro 06, 2022
Start: 06/11/2022 09:02
O pasado luns 24 de outubro, o alumnado de 2º de EP rematou a súa aprendizaxe sobre a nutrición do xeito máis saboroso posible, elaborando unha tarta da avóa para degustar no comedor por todo o alumnado de infantil e primaria.
O resultado? Chupamos os dedos!!
Sen a colaboración do persoal de cociña, non podería terse elaborado, así que, grazas, Pilar e María.
Mércores Novembro 09, 2022
Start: 09/11/2022 12:39
Con data de hoxe a Xunta Electoral do CPI de San Vicente publica as convocatorias de eleccións de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores (responsables, alumnado, profesorado e persoal non docente).
As convocatorias para responsables (pais, nais ou titores/as legais) e alumnado poden consultarse no taboleiro do centro e tamén nos arquivos anexos a esta publicación.
O prazo de presentación de candidaturas dura ata o día 17 de novembro ás 14:30 horas. Os modelos están dispoñibles na secretaría do centro e tamén anexos máis abaixo.
Sábado Novembro 12, 2022
Start: 12/11/2022 09:41
O alumnado de 2º, 3º e 4º de EP aprenderon esta semana a valorar, coñecer e investigar sobre o noso patrimonio inmaterial da man de Xandobela.
Unha fermosa actividade da que desfrutamos grandes e pequenos no acolledor entorno da nosa biblioteca escolar.
Start: 12/11/2022 09:49
Trinta estudantes de Medicina da USC achegáronse esta semana ao noso cole para poñer en marcha o hospital de osiños co noso alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Pequenos e pequenas aprenderon con eles hábitos de vida saudable e tamén a perderlle o medo aos profesionais da saúde.