881 86 70 01
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
23
Start: 23/11/2020 15:18
Interesantísimas recomendacións de lectura sobre mullerers afoutas e pioneiras, feminismo e igualdade realizadas polas nosas reporteiras de A Baña Informa de 1º de ESO A e B. Todas estas lecturas e moitas máis están á vosa disposición na nosa Biblioteca Escolar.
| 24
| 25
| 26
| 27
Start: 27/11/2020 15:03
De acordo coa Orde do 6 de novembro de 2020, anúnciase a publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios situado no interior do centro. Poderanse formular reclamacións no prazo de 2 días hábiles, é dicir, os días 30 de novembro e 1 de decembro. O día 2 publicaranse as listaxes definitivas. A distribución das máscaras realizarase ao longo da semana que vén, directamente ao alumnado. | 28
| 29
Start: 29/11/2020 13:10
Este ano escolar 2020-2021 o equipo de Seccións Bilingües contará co apoio dun auxiliar de conversa para mellorar e completar o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria. Este auxiliar de conversa será un rapaz chamado Matt, que deberá partillar dous centros educativos. Por mor da pandemia, non poderá facelo ao mesmo tempo, polo que o noso centro contará cos seus servicios na segunda metade do curso. Xa tivemos varios contactos con el e sabemos que ten experiencia noutras escolas galegas, así como que é estadounidense. Este dato deu a idea ao equipo de Seccións Bilingües para organizar un proxecto anual ao redor dos EEUU. Así, ao longo do curso traballaremos as culturas, festividades e celebracións varias deste país dende unha perspectiva artística. Deste xeito, a primeira actividade do curso foi emular as eleccións presidenciais celebradas este mes de novembro. Para evitar competencias persoais e incentivar o traballo cooperativo, creamos uns carteis propagandísticos por equipos cunha temática en común, a nosa escola. Tras realizar os carteis, expuxemos un gran mural na entrada do colexio para que todos e todas o puideran ver. Despois, cada neno e nena dos distintos niveis de Primaria votaron polo seu favorito. Parabéns aos alumnos e alumnas de 5º e 6º polo voso traballo! Our school is the best! Start: 29/11/2020 13:56
Durante estas semanas celeboruse no noso centro educativo o I Festival de Cine, onde os diferentes niveis de Educación Infantil e Primaria visionaron distintas curtametraxes de diferentes estilos: animación, documentais, cine mudo... Neste vídeo tedes unha mostra do traballo do alumnado e a decoración da nosa particular sala de cine.
|