881 86 70 01
Eventos
Luns Novembro 23, 2020
Start: 23/11/2020 15:18
Interesantísimas recomendacións de lectura sobre mullerers afoutas e pioneiras, feminismo e igualdade realizadas polas nosas reporteiras de A Baña Informa de 1º de ESO A e B.
Todas estas lecturas e moitas máis están á vosa disposición na nosa Biblioteca Escolar.
Venres Novembro 27, 2020
Start: 27/11/2020 15:03
De acordo coa Orde do 6 de novembro de 2020, anúnciase a publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
Poderanse formular reclamacións no prazo de 2 días hábiles, é dicir, os días 30 de novembro e 1 de decembro. O día 2 publicaranse as listaxes definitivas.
A distribución das máscaras realizarase ao longo da semana que vén, directamente ao alumnado.
Domingo Novembro 29, 2020
Start: 29/11/2020 13:10
Este ano escolar 2020-2021 o equipo de Seccións Bilingües contará co apoio dun auxiliar de conversa para mellorar e completar o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.
Este auxiliar de conversa será un rapaz chamado Matt, que deberá partillar dous centros educativos. Por mor da pandemia, non poderá facelo ao mesmo tempo, polo que o noso centro contará cos seus servicios na segunda metade do curso.
Xa tivemos varios contactos con el e sabemos que ten experiencia noutras escolas galegas, así como que é estadounidense. Este dato deu a idea ao equipo de Seccións Bilingües para organizar un proxecto anual ao redor dos EEUU. Así, ao longo do curso traballaremos as culturas, festividades e celebracións varias deste país dende unha perspectiva artística.
Deste xeito, a primeira actividade do curso foi emular as eleccións presidenciais celebradas este mes de novembro. Para evitar competencias persoais e incentivar o traballo cooperativo, creamos uns carteis propagandísticos por equipos cunha temática en común, a nosa escola.
Tras realizar os carteis, expuxemos un gran mural na entrada do colexio para que todos e todas o puideran ver. Despois, cada neno e nena dos distintos niveis de Primaria votaron polo seu favorito.
Parabéns aos alumnos e alumnas de 5º e 6º polo voso traballo!
Our school is the best!
Start: 29/11/2020 13:56
Durante estas semanas celeboruse no noso centro educativo o I Festival de Cine, onde os diferentes niveis de Educación Infantil e Primaria visionaron distintas curtametraxes de diferentes estilos: animación, documentais, cine mudo...
Para darlle á actividade un ambiente máis cinematográfico, preparamos unha pantalla moi especial para a ocasión, repartimos flocos de millo para os nenos e nenas, entregamos "tickets" como entradas para a sesión, decoramos a sala cun rollo de película moi colorido e, no salón de actos, expuxemos parte da carteleira con murais feitos polos rapaces e rapazas da nosa escola.
Moitos parabéns a todos e a todas porque a actividade saiu moi ben gracias á cooperación e colaboración de profesorado e alumnado!
Agora toca realizar as votacións en cada curso e desexar sorte a todos os participantes deste festival!
Neste vídeo tedes unha mostra do traballo do alumnado e a decoración da nosa particular sala de cine.
Venres Decembro 04, 2020
Start: 04/12/2020 13:54
En cumprimento do Plan de Adaptación ao Contexto COVID-19 actualizado a 4_11_2020, en caso de darse un positivo por COVID-19 entre o alumnado, profesorado ou persoal non docente, o procedemento a seguir é o seguinte:
- Comunicación por parte de Sanidade coa persoa positiva e/ou familiares.
- Apertura de expediente en EDUCOVID e solicitude ao equipo COVID de identificación de contactos estreitos.
Considerase contacto estreito a calquera persoa do centro que compartise espazo co caso confirmado nas seguintes circunstancias:
- unha distancia de menos de 2 metros (<2m) do caso confirmado
- durante máis de 15 minutos
- sen utilizar a máscara
- O equipo COVID do centro escolar identifica os contactos estreitos segundo eses criterios e comunica a Sanidade esa lista de contactos para que proceda a comunicar coas familias.
Sempre que nas aulas e recreos de Primaria e ESO se estean a cumprir estrictamente as normas de distancia, uso de máscara e hixiene de mans, só é no comedor onde podemos vernos na obriga de identificar contactos estreitos no caso dun positivo. Cando se identifican máis, é polo coñecemento de algunha pequena irregularidade no tempo da merenda, dado que, cando chove e se merenda nas aulas, os pupitres non están a distancia de 2m senón de 1,5m.
- O equipo COVID comunícase coas familias do alumnado identificado como contacto estreito a través do Espazo Abalar para informarlles de que un rastrexador da Consellería de Sanidade vaise por en contacto con eles e darlles as instrucións pertinentes, e coas familias do alumnado NON identificado como contacto estreito para que saiban que seus fillos e fillas non foron identificados coma contactos do caso positivo.
Tamén cremos importante informarvos dos tempos de estancia na casa fixados pola Consellería de Sanidade:
- As persoas que teñan diagnóstico confirmado terán obriga de illamento durante 10 días.
- As persoas que teñan a consideración de contactos estreitos da persoa cun diagnóstico confirmado deberán permanecer en corentena ata que obteñan o resultado negativo da PCR que se solicitará transcorridos 10 días do último contacto co caso confirmado. Se, polo motivo que fose, pasan 14 días do último contacto co caso confirmado e non se realiza a PCR, a corentena finalizará igualmente.
- O alumnado restante da aula que non teña a consideración de contacto estreito poderá continuar coa asistencia presencial á aula.
Para calquera dúbida ou aclaración, escribide ao mail do centro (cpi.san.vicente@edu.xuunta.gal) ou chamade en horario de 09:00 a 14:35 (881867004).