881 86 70 01
Eventos
Luns Novembro 23, 2020
Start: 23/11/2020 15:18
Interesantísimas recomendacións de lectura sobre mullerers afoutas e pioneiras, feminismo e igualdade realizadas polas nosas reporteiras de A Baña Informa de 1º de ESO A e B.
Todas estas lecturas e moitas máis están á vosa disposición na nosa Biblioteca Escolar.
Venres Novembro 27, 2020
Start: 27/11/2020 15:03
De acordo coa Orde do 6 de novembro de 2020, anúnciase a publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.
Poderanse formular reclamacións no prazo de 2 días hábiles, é dicir, os días 30 de novembro e 1 de decembro. O día 2 publicaranse as listaxes definitivas.
A distribución das máscaras realizarase ao longo da semana que vén, directamente ao alumnado.
Domingo Novembro 29, 2020
Start: 29/11/2020 13:10
Este ano escolar 2020-2021 o equipo de Seccións Bilingües contará co apoio dun auxiliar de conversa para mellorar e completar o proceso de aprendizaxe da lingua estranxeira nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.
Este auxiliar de conversa será un rapaz chamado Matt, que deberá partillar dous centros educativos. Por mor da pandemia, non poderá facelo ao mesmo tempo, polo que o noso centro contará cos seus servicios na segunda metade do curso.
Xa tivemos varios contactos con el e sabemos que ten experiencia noutras escolas galegas, así como que é estadounidense. Este dato deu a idea ao equipo de Seccións Bilingües para organizar un proxecto anual ao redor dos EEUU. Así, ao longo do curso traballaremos as culturas, festividades e celebracións varias deste país dende unha perspectiva artística.
Deste xeito, a primeira actividade do curso foi emular as eleccións presidenciais celebradas este mes de novembro. Para evitar competencias persoais e incentivar o traballo cooperativo, creamos uns carteis propagandísticos por equipos cunha temática en común, a nosa escola.
Tras realizar os carteis, expuxemos un gran mural na entrada do colexio para que todos e todas o puideran ver. Despois, cada neno e nena dos distintos niveis de Primaria votaron polo seu favorito.
Parabéns aos alumnos e alumnas de 5º e 6º polo voso traballo!
Our school is the best!
Start: 29/11/2020 13:56
Durante estas semanas celeboruse no noso centro educativo o I Festival de Cine, onde os diferentes niveis de Educación Infantil e Primaria visionaron distintas curtametraxes de diferentes estilos: animación, documentais, cine mudo...
Para darlle á actividade un ambiente máis cinematográfico, preparamos unha pantalla moi especial para a ocasión, repartimos flocos de millo para os nenos e nenas, entregamos "tickets" como entradas para a sesión, decoramos a sala cun rollo de película moi colorido e, no salón de actos, expuxemos parte da carteleira con murais feitos polos rapaces e rapazas da nosa escola.
Moitos parabéns a todos e a todas porque a actividade saiu moi ben gracias á cooperación e colaboración de profesorado e alumnado!
Agora toca realizar as votacións en cada curso e desexar sorte a todos os participantes deste festival!
Neste vídeo tedes unha mostra do traballo do alumnado e a decoración da nosa particular sala de cine.